Impresións Cineuropa: sobre Nils Malmros

Nils Malmros en Cineuropa

 

Un dos pratos fortes desta XXVIII edición do festival foi a estanza do cineasta danés Nils Malmros en Compostela. Malmros aceptou o convite que lle entregamos para recoller o Premio Cineuropa (que lle foi outorgado este ano xunto á actriz Bárbara Lennie e o produtor Paulo Branco), e aproveitou a viaxe para presenciar a súa propia retrospectiva. Foron case sete días presentando as súas películas e comentándoas cos espectadores, xornadas que dedicou tamén a coñecer a cidade e asistir a outras proxeccións do festival. O danés, que axiña conquistou ao público co seu humor e proximidade, transmitiunos as claves do seu cinema, influencias e inquietudes.

Fillo dun recoñecido neurocirurxián danés, Nils Malmros decidiu seguir os pasos do seu pai, moi ao seu pesar, tras un infrutuoso intento de estudar Deseño de Mobiliario. Aos 21 anos matricúlase na facultade de Medicina. Tardaría 22 anos e medio en licenciarse.

Foi ao ver Jules et Jim, de François Truffaut, cando decidiu que o seu era o cine. Conta que un día o seu pai, quizais co obxectivo de quitarlle esa idea da cabeza, baixou ao seu cuarto e deixou sobre a mesa un maletín, indicándolle que as instrucións atopábanse no interior. Tratábase dunha cámara de 16 mm. Entusiasmado co regalo, dedicouse ás gardas nocturnas no hospital ata conseguir o diñeiro suficiente para realizar un primeiro proxecto. Ano e medio despois, en 1968, rodaba coa axuda dun grupo de amigos a súa primeira longametraxe, A Strange Love, o resultado foi un auténtico fracaso. A película chegou a estrearse, pero só se mantivo tres días en cartel. As críticas foron pésimas e Malmros viuse obrigado a volver ás súas clases de medicina.

Anos máis tarde, descubriu que os recordos da súa infancia eran moi precisos e decidiu utilizalos para un novo proxecto. Durante outra tempada de gardas nocturnas reuniu o diñeiro necesario para plasmalos en Lars Ole 5.C, longametraxe que gañou o premio á mellor película danesa en 1975. A partir de entón, e xa co apoio do Instituto Cinematográfico Danés, decidiu seguir tirando proveito do seu pasado. O propio autor admite xocoso: “ata agora fixen dez películas sobre si mesmo”. E é que, de entre toda a súa filmografía, unha única película non parte das súas propias vivencias ou emocións, Barbara, unha adaptación da novela homónima do escritor faeroese Jørgen-Frantz Jacobsen. Por iso Malmros utiliza o termo Autoficción para clasificar o seu cine, concepto de grande actualidade nos países nórdicos debido a A Miña Loita, relato brutalmente honesto do escritor Karl Ove Knausgård que tamén utiliza a súa vida como fonte de inspiración. Igualmente séntese próximo ás teorías de Alexandre Astruc sobre a caméra-stylo e o uso do cine como medio para expresar as obsesións individuais, tarefa que tradicionalmente exerceran literatura, pintura e outras artes.

A excepción daquel falido experimento de A Strange Love, toda a súa filmografía foi proxectada en Cineuropa, é dicir, Lars Ole 5.C (1973), Boys (1977), Tree of Knowledge (1981), Beauty and the Beast (1983), Århus by Night (1989), Pain of love (1992), Barbara (1997), Facing the Truth (2002), Aching Hearts (2009) e Sorrow and Joy (2013).

A través do seu visionado e dos comentarios do director, percíbense certas singularidades e trazos evolutivos. En primeiro lugar, en canto ao traballo cos actores. Para as súas primeiras películas, protagonizadas por nenos e adolescentes, desenvolveu un particular sistema de rodaxe, tan efectivo como respectuoso coa idade dos novos actores, consistente na gravación de secuencias moi curtas, de entre 4 e 6 segundos. Posteriormente, o director daríalle orde ao caos na sala de montaxe. Este traballo implicaba rodaxes moi longas, algo que non preocupaba a un cineasta máis interesado na non manipulación do tempo e na fidelidade aos seus recordos, que na interpretación dos actores. Tree of Knowledge, a súa cuarta longametraxe, é o mellor exemplo deste método. Baseada nos seus anos de colexio, é un naturalista retrato da puberdade, do descubrimento da sexualidade e do desenvolvemento do razoamento que implica o paso da infancia á idade adulta. Ao longo da metraxe percíbese o crecemento dos propios actores de forma paralela ao desenvolvemento do guión, reflectindo de forma verosímil ese período de cambios físicos e psíquicos. A intención de Malmros era rodar durante tres anos, pero tivo que limitarse a algo máis de dous por problemas de produción, tempo abondo, non obstante, para lograr o seu propósito de plasmar a vida vivida.

De formación autodidacta, o cineasta tivo que sortear os obstáculos a medida que estes ían xurdindo. Foi en Århus by Night (1989), a súa primeira reflexión sobre o cine dentro do cine, onde se viu obrigado a cambiar de sistema de rodaxe. Os actores xa non eran nenos, eran profesionais que necesitaban tempo e espazo para desenvolver o seu traballo.

Pero, sen dúbida, o trazo máis fascinante do cine de Nils Malmros é a súa honestidade. Nun auténtico exercicio de disección científica, o director analiza rigorosamente a natureza humana partindo dos seus recordos. Ispe os seus personaxes de todo convencionalismo chegando a incomodar ao espectador, que queda directamente exposto á intimidade máis crua. O paradigma deste viviseccionismo audiovisual é Sorrow and Joy, a súa última película, que foi precandidata aos próximos Oscar, e que tivemos ocasión de ver en Cineuropa. Tras nove películas sobre o amor non correspondido, Sorrow and Joy representa a conquista do amor maduro. A súa historia anticipábase en Pain of Love pero as circunstancias vitais dos protagonistas obrigaron a esperar máis tempo para contar a verdade que desexaba contar. A película narra un cruel e amargo episodio das vidas do propio Malmros e Marianne Tromholt, a súa esposa. Ela foi quen considerou o momento preciso e estimulouno a realizar a película, como un regalo de agradecemento e como exercicio de catarse emocional. A historia de Sorrow and Joy, dolorosa pero esperanzadora, está contada con extrema pulcritude, fuxindo de sentimentalismos (a presenza da banda sonora é practicamente anecdótica) que poidan desviar ao espectador da historia real. O resultado é unha estremecedora patada no estómago a toda sociedade buenista e benpensante. Os seus dous pases en Cineuropa provocaron longas ovacións dun conmocionado público. Nils Malmros confesou que Sorrow and Joy será o seu último filme. Con el todo queda dito.

 Publicado na web de Cineuropa.

Anuncios

Bárbara Lennie nos Goya

Bárbara Lennie recibiendo el Premio Cineuropa

O vindeiro 7 de febreiro celebrarase no Centro de Congresos Príncipe Felipe de Madrid, a 29ª edición dos Premios Goya. Entre a lista de nominados aparece por partida dobre Bárbara Lennie, actriz xa coñecida para o público do noso festival. Lennie opta a dous galardóns, o de mellor actriz de reparto por El Niño, de Daniel Monzón, e o de mellor actriz protagonista por Magical Girl, de Carlos Vermut.

A actriz xa estivo nominada en 2005 polo seu papel en Obaba, de Montxo Armendáriz, pero esta vez, o recoñecemento resulta o colofón perfecto para un 2014 redondo, ano en que encadenou as exitosas estreas de Stella Candente, de Lluís Miñarro, El Niño e Magical Girl, coa súa interpretación en Misántropo, montaxe teatral de Kamikaze Producciones. E é que, malia que ata o momento o seu nome non era moi coñecido para o gran público, a súa é unha carreira de fondo. Durante toda a súa traxectoria Bárbara Lennie compaxinou os tres medios interpretativos: cine, televisión e teatro. Os filmes Los Condenados (Isaki Lacuesta, 2009), Mujeres en el parque (Felipe Vega, 2006), Todas las canciones hablan de mí (Jonás Trueba, 2010), La piel que habito (Pedro Almodóvar, 2011); as series Amar en tiempos revueltos, Isabel, El Incidente (aínda por estrear); e as obras teatrais La Función por hacer ou Veraneantes (coa que logrou o Max en 2012), son só algúns dos títulos que conforman o seu currículum.

E Bárbara estivo aquí. No noso Cineuropa. Tras ver o seu traballo en El Niño e Stella Cadente, José Luis Losa anticipouse ao entusiasmo que a súa magnífica actuación en Magical Girl provocaría na pasada edición do festival de cine de San Sebastián. Segundo as súas propias palabras: “intuíase. E aínda quedamos curtos.”Así que Bárbara Lennie recibiu un dos Premios Cineuropa nesta XXVIII edición, xunto co cineasta danés Nils Malmros e o productor portugués Paulo Branco. O 16 de novembro gozamos dobremente, primeiro coa sua presenza Compostela, e seguidamente coa proxección de Magical Girl, película que, como ela mesma recordou, estreouse en Santiago grazas a Cineuropa.

O pasado 12 de xaneiro, Bárbara Lennie recibiu o Premio Forqué na categoría de mellor actriz por Magical Girl, ratificando a excelente acollida que lle outorgaron tanto público como crítica. Permaneceremos atentos, pois, á espera de que na XXIX cerimonia dos Goya se lle recoñeza o traballo a unha das actrices máis magnéticas do actual panorama nacional.

Publicado en Cineuropa.

 

El Proyecto Nimbos en la 28º edición de Cineuropa

“Si é que o poema é un nimbo de lus
que os ollos cegos póñenlles as cousas
soñadas, ou amadas nas teebras,

das cousas que xa foron e se foron
pro seguen sendo en non se van xa máis,
das sombras que xogando cos meus ollos,
na miña vida en lume se enxeriron,

eu deixo equí os nimbos, coma cinza
de rosas que onte encheron de perfume
o mundo, morto xove, dalgún soño”.

nimbos-como-unha-espada

Nimbos es el poema que da nombre al único libro publicado, en 1961, por el poeta guitiricense Xosé María Díaz Castro, un breve poemario de 32 composiciones elaboradas con el perfeccionismo y la profunda sensibilidad que le caracterizaban.

La idea del Proyecto Nimbos surgió de la admiración personal que Martin Pawley sintió siempre por el poeta. La elección de Díaz Castro como escritor del Día de las Letras Gallegas del año 2014 supuso el estímulo determinante para la cristalización de esa fascinación. Pawley envió una propuesta vía correo electrónico a más de 30 cineastas, gallegos y no gallegos, con la intención de realizar un homenaje audiovisual a partir de la elección de un(s) poema(s) de Nimbos. Esta carta se publicó el 10 de julio de 2013 en “Acto de primavera”, sitio web que conduce junto a José Manuel Sande y Xurxo González. Se trataba de desarrollar un ejercicio de libertad creativa con dos únicas condiciones, la duración de los cortos, alrededor de cinco minutos, y la no utilización de los poemas íntegros. El objetivo no era el tradicional video-poema sino la materialización de la inspiración que sobre un autor podía sugerir la obra del poeta; de un acto creativo debía surgir otro. Martin Pawley estaba seguro de que el vehículo más apropiado para este proyecto tenía que ser el cine experimental, no narrativo; sobre eso reflexionaba en una entrevista concedida a Plaza Pública: “es difícil hacer una aproximación a Nimbos desde un lenguaje cinematográfico narrativa, por lo que o cine experimental a lo mejor es la mejor herramienta para llevar esas imágenes poéticas a una pantalla. La imagen poética no tiene relato, y por lo tanto la mejor forma de tratarla es con el mismo espíritu de juego con el lenguaje, en este caso el lenguaje del cine”.

collage1.jpg

La invitación fue aceptada por más de una veintena de cineastas como Eloy Enciso, Alfonso Zarauza, Oliver Laxe, Margarita Ledo, Víctor Hugo Seoane, Lois Patiño, Diana Toucedo, etc. Su trabajo constituye el Proyecto Nimbos, una serie de poemas audiovisuales basados en la obra de Díaz Castro, tan heterogénea como el estilo de sus propios autores. En este sentido, resulta curioso comprobar la diversidad tanto estilística como temática de las piezas surgidas a partir de un mismo poema, Alfa i Omega, cuya huella en cineastas cómo Otto Roca, Alexandre Cancelo o Xosé Antón Cascudo se manifiesta a través de propuestas tan interesantes como dispares.

Pero en el Proyecto Nimbos también podemos observar una serie de trazos comunes que coinciden con el ideario del poeta. En primer lugar, el amor por la naturaleza intrínseco a toda la obra de Díaz Castro que se muestra, por ejemplo, en la cadencia del agua y el murmullo del viento que interrumpen el silencio del paisaje en Ai Capitán de Xacio Baño o Coma unha espada de Fran X. Rodríguez.

Una segunda característica de la lírica del poeta es la dualidad luz-oscuridad, fruto de una profunda espiritualidad de base cristiana (Díaz Castro estudió varios años en el seminario) con ciertas inclinaciones panteístas. La luz que se erige frente a las tinieblas protagoniza el poema Cova Alumada, que inspira el cortometraje de Xurxo Chirro, y O verme e a estrela, pieza realizada por el propio Martin Pawley a partir del poema homónimo. Al mismo tiempo, un halo de misterio emana tanto de estos trabajos como de algún otro, como No resplendor do día de Manuel del Río cuya particular atmósfera creada por la iluminación y la contraposición entre calma y movimiento nos acerca a lo intangible, a la etérea luz de la espiritualidad cristiana.

Por último, cabe destacar la nostalgia con que Díaz Castro tiñe sus recuerdos de la vida en la aldea y su niñez en el paisaje gallego en el que se crió. El poeta residió en Madrid gran parte de su vida, pero nunca olvidó la felicidad de una infancia en directo contacto con la naturaleza. Terra sucada de DnL o Coma ventos fuxidos de Simone Saibene, por ejemplo, aluden la esa nostalgia que nunca lo abandonó.

En definitiva, el Proyecto Nimbos ofrece una perspectiva innovadora y enriquecedora para el panorama cultural gallego, de la correlación entre diferentes lenguajes como son, en este caso, la poesía y el cine. Varios cortos están circulando por festivales, pero en Youtube está disponible una interesante selección de esta serie de poemas audiovisuales.